O EMPAPELADO AMARELO

de Charlotte Perkins Gilman. Versión de Tito Asorey e Melania Cruz

TEASER

O empapelado amarelo é un espectáculo teatral unipersoal que parte do relato autobiográfico homónimo publicado en 1891 pola autora norteamericana Charlotte Perkins Gilman.

Nel narra, en primeira persoa, as perniciosas consecuencias dun tratamento médico que lle fora diagnosticado por un coñecido doutor da época para combater o estado melancólico e depresivo no que se atopaba a raíz do nacemento da súa primeira filla. Este tratamento consistía basicamente na eliminación de todo tipo de actividade intelectual e creativa, nunha dieta hipercalórica e nun encerro total no seu fogar. Este remata por converterse nun cárcere onde ela, acostumada a unha intensa actividade social e artística, acabaría por achegarse ao abismo da existencia e ao límite da súa cordura.

O espectáculo utiliza as claves do relato de terror gótico para denunciar os mecanismos de represión propios do heteropatriarcado sobre as mulleres da súa época, privadas de todo tipo de voz pública e pechadas nun sistema que as facía plenamente dependentes dos seus esposos. Rebélase así, sen concesións, contra as convencións da época, apostando por unha radical liberación da muller do xugo masculino e unha defensa da necesidade de conformarse como suxeitos de pleno dereito, empoderándose de xeito absoluto.

O empapelado amarelo é unha das mellores mostras da literatura feminista mundial do século XIX, que aínda hoxe é xerme de diversas interpretacións, revisións e novas lecturas por parte de artistas de todo o mundo, dado o seu carácter fundacional, onde a autora constrúe unha personaxe que representa un arquetipo contemporáneo da loita da muller por acadar a liberdade plena.

Dende A Quinta do Cuadrante eliximos este relato como punto de partida para a creación dun espectáculo que dialogue, dende o noso século XXI, coas palabras de Charlotte Perkins Gilman, reflexionando escenicamente sobre a necesidade de continuar, case 150 anos despois da súa publicación, coa loita incesante pola nosa liberdade e a defensa da creatividade e da arte como elementos indispensables para a construción dunha personalidade completa. 

GALERÍA

DESCARGAS

Descargar Dossier

Descargar Plano luces

Descargar Rider técnico

Video completo

(solicitar enlace por mail )

PRENSA

Programa Zig-Zag da TVG. "Feminismo a escena". Entrevista a Melania Cruz e Tito Asorey

Diario Cultural da RTVG. Comentario de Roberto Pascual sobre a estrea

Programa Zig-Zag da TVG. "O mellor do programa de Escenas do Cambio". Comentario de Marta Pérez. 

O Progeso. Entrevista con Melania Cruz realizada por Santiago Jaureguizar

LA REGIÓN. Rolda de prensa de presentación do espectáculo

VIDA. Suplemento dominical. Entrevista a Melania Cruz sobre O Empapelado Amarelo

VINTE. "Volve o teatro pobre, a poesía radical". Nova sobre a presenza d´O empapelado amarelo no Festival Escenas do Cambio

LA REGIÓN. "Feminismo moderno del siglo XIX". Nova sobre a estrea do espectáculo 

INORANTES. "Charlotte Perkins Gilman e o machismo".