Melania Cruz e Tito Asorey levan anos desenvolvendo unha intensa actividade pedagóxica no eido teatral, ofrecendo formación en interpretación, voz, técnica textual, teatro biográfico e dirección escénica, dirixidos tanto para profesionais en activo como para grupos amadores. Teñen impartido formación en centros como a ESAD de Galicia, a Universidade de Vigo, a Universidade de Santiago de Compostela, así como en festivais de teatro e en diversos colectivos teatrais do país. 

Estamos abertos a compartir a nosa experiencia con todo tipo de colectivos artísticos ou centros de formación, para o cal deseñamos unha serie de cursos monográficos, aínda que estamos abertos á creación de outras propostas que se adecuen a especificidade de cada grupo. Para máis información sobre estes obradoiros, pregásmoslles que se poñan en contacto con nós. 

ATLETISMO AFECTIVO 

Curso de Interpretación

Impartido por 

Tito Asorey e Melania Cruz

INTRODUCCIÓN Á DIRECCIÓN DE ESCENA

Impartido por 

Tito Asorey e Melania Cruz

VOZ E TÉCNICA TEXTUAL

Curso  impartido por 

Melania Cruz e Tito Asorey