top of page
Captura de pantalla 2019-02-10 a las 0.5

LUCIA ESTÉVEZ. AXUDANTIA DE DIRECCION E IMAXE GRÁFICA

Graduada en Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo, cun Erasmus na Universidade Católica de O Porto (Portugal, 2014), onde profundiza no ámbito da creación artística e plástica. Dende os seus estudos traballa en cine, televisión e publicidade nos departamentos de cámara e dirección. A súa inquietude por investigar no eido da dirección de actrices e actores fai que manteña unha formación constante en relación ao cine e ao teatro, traballando en compañías como A Quinta do Cuadrante, Emedous ou Teatro Muxicas, da fundación ONCE.

A columna vertebral do seu traballo como creadora xoga entre a danza e acción, o traballo corporal e as estruturas familiares. En 2017 recibe a axuda de creación para o desenvolvemento e promoción do talento audiovisual galego pola súa curtametraxe Sendeiro (con estrea no Festival Internacional de Cine Curtocircuito, Mención Especial do Xurado no Festival M de Cine, en Meira). En 2018 recibe o Premio María Luz Morales ao Mellor Videoensaio Galego por Muller Personaxe

Laura-Iturralde.jpg

LAURA ITURRALDE. ESCENOGRAFÍA E ILUMINACIÓN

Videojockey, escenógrafa, fotógrafa e iluminadora. É técnica superior en Imaxe pola Escola de Imaxe e Son de Vigo, técnica superior en Gráfica Publicitaria pola Escola de Arte de Salamanca e titulada superior en Arte Dramática na especialidade de Escenografía na ESAD de Galicia.

Desenvolveu a súa actividade profesional en diversos eidos, maioritariamente relacionados coas artes escénicas, nos que se ocupou da parte plástica e técnica como iluminadora, escenógrafa e videocreadora en diferentes compañías coma Inversa Teatro, Cía Borja Fernández, Sarabela Teatro, Triatreros ou ilMaquinario Teatro. Iniciouse como videojockey no trío acústico Trilitrate, co que traballa e acompaña bandas e espectáculos en vivo con imaxes xeradas en tempo real. Combinou soportes e formatos coma o stop-motion, a cámara a tempo real e infografías para crear atmosferas acordes con espectáculos en directo.  No 2018 recibe o premio María Casares polo seu traballo como escenógrafa na peza Resaca, de ilMaquinario Teatro. 

Captura de pantalla 2019-02-10 a las 0.5

XAVIER BÉRTOLO. MÚSICA

Licenciado en piano e música moderna pola ESMAE de Porto, licenciado en Física pola USC, estudou piano con Abe Rábade e German Kucich e composición con Nuno Ferreira e Carlos Azevedo entre outros. Membro fundador de Cró!, director e músico na Orquesta Metamovida, teclista na banda de improvisación conducida Comando Radar e recentemente desenvolvendo o seu proxecto de electrónica e visuais, Corvax, con Laura Iturralde.

A súa actividade profesional sempre estivo ligada ao mundo do underground: Comezou coa sua banda Cró! aló polo 2007 e xa levan 4 discos editados, recibindo o premio a Mellor Banda de Rock Galega na II edición dos Premios Martín Codax. Formou parte da xénese do colectivo Metamovida do que xurdiu a Orquesta Metamovida.  En 2016 pasa a formar parte do estudio de videoxogos Fosfatina Arcade. No campo audiovisual cómpre destacar as composicións feitas para a curta Todo por Galactus (2017) e o minidocumental Gonzalo Viana: Barro e mar (2014)

Captura de pantalla 2019-02-10 a las 0.5

RENATA UZAL. VESTIARIO

Diplomada en Estudos Superiores de Deseño de Moda e Estilismo (2005-2009) e Técnico Superior de Indumentaria (2002-2004) pola Escola Superior de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela.

Traxectoria profesional no Deseño de Moda, Estilismo de Cine e de Televisión, medrando e traballando en diversos formatos e produtoras, entre outras Lobos de Arga de Vaca lms S.L., Mar libre ( Dani de la Torre ) de Ficción Produciones S.L., series para T.V.G. Libro de familia, O Faro, Fontealba, películas de época : Emilia Pardo Bazán, Concepción Arenal de Atlántida Media y Zenit T.V., El Club de los incomprendidos de Bambú Producciones, Trote ( Xacio Baño ) de Frida Films, Arima, de Esnatu Zinema. Mestura a paixón profesional coa ilustración do seu universo persoal, baixo o selo “De Alma & Hueso”: pezas ilustradas sobre diversos materiais e deseño, patronaxe e confección de roupa coa alma evocadora que xorde do cine, da música, da literatura, do mar... plasmando na maioría dos proxectos a anatomía humana para que músculos, ósos e veas sexan a con guración na que nada e se inspira a súa creación. 

bottom of page